Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Valdoviño

A inauguración da mostra de Alejos Lorenzo e a actuación de Malasombra, en Valdoviño

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O ciclo “Ven o venres” do Concello de Valdoviño presenta esta semana o espectáculo de Malasombra producións “De algo hai que morrer”. Esta proposta compleméntase coa inauguración da exposición “Dia_Logos”, do pintor Alejos Lorenzo Vergara, tamén na Casa da Cultura.

Este centro municipal acollerá, en primeiro lugar, o acto de apertura da mostra, ás 19.30 horas na sala de exposicións temporais. Segundo o seu artífice, a selección pretende establecer un diálogo entre o presente e o pasado, convidando ao público á reflexión sobre o que se quere comunicar coas obras.

Alejos Lorenzo Vergara, que está afincado en Valdoviño dende hai arredor de 25 anos, expuxo as súas obras en múltiples puntos do mundo coma Nova York, Atlanta, California, Florida, Milán, París, Londres, Berlín ou Beijing, aparte do territorio nacional. Nesta ocasión, a sala valdoviñesa acollerá a exposición até o 13 de xaneiro. Gran parte das creacións do pintor, que se caracterizan polo seu simbolismo, atópanse en Estados Unidos, concretamente en coleccións de prestixio como a Mayo Clinic.

Despois da inauguración, ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura, terá lugar o espectáculo de Malasombra, que se define como unha conferencia fúnebre-cómico-teatral. A peza, que foi escrita por José Prieto, estará protagonizada por Jouse García e Xoque Carbajal, que encarnan a dous prestixiosos e peculiares científicos, os profesores Jeckill e Hyde, que disertarán sobre a morte.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620