Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Pontedeume

A sala Guión de Pontedeume comeza dous días intensos de música co True Believers Festa

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O True Believers Festa encherá de punk este mesmo venres a Guión Clube de Pontedeume, a partir das 22.00 horas, con previa de vinilos e os proxectos musicais de The Crummies, Thee Blind Crows e Bule. Ao día seguinte, Candela Liste protagonizará unha sesión vermú con entrada inversa e pola noite tocaralle a quenda á Espiño band.

The Crummies veñen dende Oviedo para presentar o seu primeiro traballo de punk-pop e punk-rock. Os pontevedreses Thee Blind Crows achegarán a súa mestura de punk con blues e garage, mentres que Bule, integrado por tres eumeses e un naronés, demostrará a súa paixón polo xénero do 77. A cantante, produtora e compositora Candela Liste comezará ás 13.30 do sabado e a fusión de estilos da Espiño band exhibirase a partir das 23.00.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620