Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ortegal

As Letras Galegas conviven na comarca de Ortegal con tres citas diversas e compatibles

Os Concellos de Ortegal realizan as propostas conmemorativas do 17 de maio, que se estrearon onte venres coa inauguración da “Exposición Letras Galegas 2025: Cancioneiro popular galego”, na biblioteca municipal de Ortigueira.

A seguinte cita ten lugar este mesmo sábado, ás 18.00 no cemiterio de San Martiño de Cerdido, onde se rendirá homenaxe a un dos maiores impulsores no eido cultural e educativo local, Severino Trinquete Solloso. Despois, ás 19.00 horas na área recreativa do Castro, haberá unha charla sobre a súa vida e legado. O domingo, no porto de Bares, en Mañón, actuará Silbarda (13.30) e no local social presentará o seu último libro Hixinio Puentes (18.00).