Desde a miña confesada ignorancia, coido que se está a dar unha excesiva importancia ao cambio semántico efectuado na Constitución, con referencia aos vocábulos “disminuído” e “discapacitado”. Paréceme unha nimiedade que se pode comparar con aquilo de, “O parto dos montes”.
Entendo eu que, ámbalas dúas palabras, formadas co prefixo Latino e Grego, “dis”, veñen tendo significados parellos para definir a merma das condicións persoais. Outra cousa é, que xente con mala intención aplique un significado despectivo á primeira palabra, cousa que tamén poderíase facer coa segunda e pois logo, nada se gaña co cambio.
En calquera caso, se ben se mira, ao longo da vida, uns máis e outros menos, todos podemos chegar a unha merma de condicións que nos inclúa no capitulo de “disminuídos” ou “discapacitados”, que a min paréceme que tanto ten. Porque con unha ou outra denominación, a persoa afectada no sairá beneficiada en nada.
Paréceme a min, claro, pero … Políticos temos que saben máis. Non é?