Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Derradeiro mes do 2022, un ano para esquecer, con toda sorte de calamidades, como case todos, pero cun agravante engadido que é a guerra de Ucraína que xa leva mais de dez meses, contados dende o mes de marzo, con un saldo de miles de mortos en un e outro bando, o que non parece importarlle moito a ninguén. Semella que a vida dos seres humanos ten cada vez menos valor.

O próximo ano herdaremos o medo latente a unha terceira guerra mundial. Rusia, EEUU, China, Urania e a OTAN parece que están a xogar coa posibilidade dunha confrontación que custaría millóns de mortos, fame e desgracias sen conto  no mundo enteiro. Unha migalla de sentido común por favor, é o menos que se pode pedir a uns e outros. Oito mil millóns de homes, mulleres e nenos están expostos a loucura duns cantos desnortados. ¡Que  Deus nos colla confesados!

No noso pais, máis do mesmo, un goberno que non acaba de convencer e unha oposición que só pensa en gobernar, nun quítate ti para poñerme eu, que non conduce a ningures, e por riba, faltos de ideas para solucionar os graves problemas que nos atinxen. A sempiterna división en esquerdas e dereitas que nos ten fartos e aburridos.

Persoalmente, cumprindo anos que pesan cada vez máis, sempre preocupado pola situación mundial, a nacional e polo futuro das netas e demais familia. Este mundo que estamos a vivir, a pesares dos adiantos, non vai a mellor. Xa fixo catro anos que faleceu a miña muller, dende entón vivo só na nosa casa que a miúdo caéseme enriba. A soidade e o dia a dia son moi duros e non doados de aturar. Menos mal que conto coa axuda de fillas e irmás ás que dou as grazas dende estas liñas. Un recordo apaixonado para Eva e mesmo para pais e irmáns sempre presentes, todos no meu pensamento e no meu corazón.

De calquera xeito, non queda outra que seguir tirando pra diante coa esperanza, a derradeira cousa que saíu da caixa de Pandora, de que mellore a situación. A tódolos niveis, mundial, nacional e persoal.

Remato co tópico do Nadal, Felices Pascuas e próspero Ano 2023 e sobre todo moita paciencia e sentido común, ese que disque é o menos común dos sentidos.

Unha forte aperta para todos.