Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

As protestas do sector agrario estendese por toda a Unión Europea. Hai razóns de moito peso, como o aumento do prezo do gasóleo e da enerxía en xeral, as caídas de produción por cambios climáticos cada vez máis intensos, un posíbel acordo co Merco Sur e a UE que sería unha competencia directa en sectores claves, como o cárnico, cereais, etc. Na práctica implica un trato desigual por parte da UE que impón condicións ecolóxicas para os produtos cultivados ou o gando que se cría na Unión que non esixe ás importacións foráneas, como as da Ucraína, Marrocos,... poñendo por diante intereses económicos en beneficio doutros sectores, ou xeo-estratéxicos.

Cómpre ter en consideración que estas mobilizacións danse en países cuns ingresos para actividade agraria moi diferentes e mesmo con explotacións agrarias con dimensións moi distintas, así como na porcentaxe destas que se poden considerar viábeis para manter a actividade no futuro. Hai unha gran distancia entre unha explotación en Alemaña ou Francia e outra en Galiza ou Grecia. Daquela que estas mobilizacións do sector agrario, que mesmo en moitos casos foron por diante dos sindicatos do sector, amosen a gravidade, a situación límite dunha actividade tan importante, polo que representa respecto dun recurso tan básico como o alimenticio que debe estar o máis achegado posíbel aos habitantes. A pandemia do covid, os cortes de vías estratéxicas por conflitos ou accidentes, etc... deixan en evidencia que as importacións deben ser un recurso complementario.

Resulta evidente e así o confirman os estudos e a información de todos os medios respecto de que os prezos ao agricultor/ra practicamente non se modificaron na última década mentres que aumentaron sensibelmente para o consumidor/ra. Daquela que se pechasen moitas explotacións familiares por non sen rendíbeis ou porque os fillos/as non substitúen aos pais/nais.

Ademais as achegas das axudas da UE concéntranse naquelas explotacións máis grandes, mentres que o 75% dos pequenos e medianos produtores só perciben un 15% das axudas, menos de 5 mil euros por explotación. Por se non abondase existe un oligopolio privado moi concentrado que controla as sementes, o comercio ao por maior e minorista, o que deixa en moi poucas mans a fixación dos prezos en todo o proceso, en prexuízo dun sector agro-gandeiro que, aínda que se concentrou moito nas últimas décadas, está moi lonxe do que se realizou na industria e os servizos ligados aos alimentos. Este conflito debe resolverse favorecendo ás maiorías, garantindo o consumo e ingresos dignos.