Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Nordesía

PÍLULAS LITERARIAS | O que mola é ser un mesmo

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Unha experiencia sensorial é o que ofrece a editorial ferrolá Embora neste “O rap do coello fedello”, un texto de Irene Alonso Gasalla que se completa –e de que maneira!– coas ilustracións de Irene Sanjuán.

Esta é a segunda colaboración de ámbalas dúas, que xa traballaran xuntas en 2021, ano en que se publicou “As cicatrices do caranguexo”, debut de Alonso Gasalla no eido da literatura xuvenil. Naquela primeira historia feita a catro mans abordábase un tema duro coma o cancro. Duro mais cheo de positivismo, con moitos trazos autobiográficos que contribuíron a darlle solidez e sabedoría á historia.

Desta volta, as autoras tratan un tema que tamén está relacionado coa saúde, principalmente a mental. A autora recorre ás figuras do coello e da lebre para compoñer unha historia na que se afonda no valor da personalidade e da autenticidade.

Ao coello gústalle o rap. Gústalle moito e pasa todo o día rapeando. Unha lebre aparece en escena para tratar de convencelo de que a través dunha serie de apps, trucos e atallos pode chegar a máis xente. Mudando a maneira de vestir, cambiando uns complementos, un branqueador de dentes... A lebre cre que todos eses cambios van axudar o coello a triunfar, pero o protagonista non sucumbe: ten claro que ese non é o camiño, cando menos, non o seu.

O libro inclúe un código QR que permite descargar a base do rap. Pasarán un bo rato, si.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620