Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Neda

Neda prepara a nova edición das súas Xornadas Micolóxicas, que terán lugar entre o 28 e o 30

A asociación micolóxica Viriato, en colaboración co Concello de Neda, impulsa un ano máis as Xornadas Micolóxicas, que esta fin de semana –do 28 ao 30 de novembro– chegarán a súa cuarta edición. 

Terán lugar na Casa das Palmeiras e nelas os participantes terán a oportunidade de iniciarse no mundo dos gundos e dos cogomelos.

Desde a organización apuntan a que, seguindo o esquema de anos anteriores, haberá dúas xornadas teóricas –que terán lugar mañá xoves e o venres, entre as 19.00 e as 21.00 horas– e unha saída final de observación o sábado, nun percorrido dende a área recreativa de Maciñeira ata o muíño da Barcia.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse ata este mércores contactando coa Casa da Cultura de Neda –981 390 233. As prazas son limitadas.

Dende o Concello indican que, quen asista ás xornadas, aprenderá a distinguir entre fungos e cogomelos, coñecerá as súas principais características, as tipoloxías e saberá da súa importancia para os ecosistemas.

Ademais, no cursiño daranse claves útiles para a identificación das variedades comestibles e poder distinguilas das que son tóxicas.