Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Narón

A vida descoñecida do fillo do Cid, na librería Day con “O bo vasalo”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

“O bo vasalo” ou “El buen vasallo”, unha obra editada nestas dúas linguas que asina Francisco Narla, recupera un dos personaxes máis sonados da historia para contar unha parte esquecida nos libros. O exemplar, que desmitifica diversos aspectos do relato máis habitual, presentarase esta tarde de mércores, ás 19.30 horas, na libraría Day de Narón.

As tramas acontecidas na realidade son unha das predileccións do autor, que coas súas publicacións especializouse no xénero histórico. Unha vez inmerso nestas temáticas, en 2018  conseguiu o I Premio Edhasa de Narrativas Históricas por “Laín. El bastardo”, un éxito tanto nas vendas como na crítica. Despois de continuar con outras obras, sendo a derradeira a titulada “Breo. O celta que desafiou a Roma”, no pasado mes de outubro lanzou este volume.

Diego é un dos personaxes principais deste texto, así como Jimena, fillo e esposa de Rodrigo Díaz de Vivar, respectivamente, que precisamente vive un momento no que é capaz de facer dano a quen máis lle quere. Non obstante, a actitude do seu descendente pon título á obra, xa que se mantén disposto a servilo como faría un bo vasalo. Os distintos perfís humanos e as vinculacións que os unen cóntanse neste libro ao mesmo tempo que o lector mergúllase no mítico medievo español a través do estilo épico que practica Francisco Narla.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620