Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Narón

O pasado castrexo de Sedes volve revivirse durante tres xornadas no Oenach Atlántico

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A vixésimo cuarta edición do Oenach Atlántico, festa de Interese Turístico de Galicia, xa ten completo o seu programa, que se fará realidade entre o 26 e o 28 deste mes na parroquia naronesa de Sedes. O evento foi presentado onte polas edís de Festas e Turismo, Mar Gómez e Natalia Hermida, xunto aos integrantes da asociación organizadora Rosa dos Ventos Josefa Castro, Gloria Couce, Fina Montero, Pilar Piñón, Paulino Gasalla e Juan Veiga.

O primeiro día, venres 26, haberá unha breve benvida a un extenso programa que se inaugurará, ás 21.00 horas, cun acto de apertura e o tradicional acendido de lumes. Este dará paso ás 22.00 horas á noite de música galiciana, a cargo de Óscar Ibáñez&Tribo.

A xornada do sábado xa comeza pola mañá, ás 11.00 horas, coa apertura da campa castrexa, que albergará mostras de artesanía en vivo, un photocall e o castro miúdo, con actividades lúdicas para pequenos e maiores, que rematarán ás 14.00 horas.

A partir desta hora do mediodía o espazo gastronómico da campa do Trece terá un apartado propio, de xeito que os asistentes poderán coller forzas para os xogos populares, de 16.00 a 20.00 horas. Pola tarde tamén haberá unha parada etnográfica da música e o baile tradicional, ás 18.00 horas, amenizada polo grupo Alxibeira. A “Noite do Castro”, que porá fin á xornada a partir das 22.30 horas, celebrarase coa representación da obra de Laura Aneiros “Vida”, a cargo da compañía de Teatro Comunitario de Sedes.

A campa castrexa reabrirá o domingo 28 ás 11.00 horas coa exhibición de artesanía en vivo, do mesmo xeito que o photocall e o castro miúdo coas actividades para todos os públicos. A diferenza da véspera, tamén ás 11.00 horas, iniciará a exhibición de razas autóctonas coa Mostra de Can de Palleiro nos arredores da nave do recinto feiral do Trece. Ás 12.30 horas interpretarase na campa a obra “Agripa” de Juan Miguel Padín e ás 13.00 horas, Tanto nos ten ocuparase da sesión vermú.

Ao igual que o sábado, haberá un espazo de xantares ao mediodía e lúdico, con xogos tradicionais, durante a tarde. Ademais, ás 17.00 horas, dará un concerto Café Dorothé, antes da parada etnográfica da música tradicional, ás 18.00 horas, coa Banda de Gaitas do Padroado da Cultura. Ás 19.00 horas ofrecerase unha recreación na campa castrexa como acto de clausura do Oenach, aínda que o peche virá coa actuación de Comando Curuxás, a partir das oito.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620