Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Narón

O Concello de Narón garantiza ás Anpas que asumirá o servizo de madrugadores nos colexios públicos

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Consistorio de Narón encargarase do servizo de Madrugadores nos colexios públicos ata que sexa a Xunta quen asuma dita competencia, tal e como lle atinxe. Así llo comunicou aos representantes das Anpas do municipio a rexedora naronesa, Marián Ferreiro, logo de manter un encontro no que tamén tomaron parte a edila de Educación, Olga Ameneiro, e a xefa do Servizo Sociocomunitario, Yolanda Martínez.

Tal e como explicaron nun comunicado de prensa, as Anpas –A Buxaina (CEIP A Gándara), As Aceas (CEIP Piñeiros), CEIP A Solaina, Galatea (CEIP Virxe do Mar), CRA de Narón y O Buxato (CPI O Feal)– continuarán coa xestión “de forma transitoria” como viñan asumindo até a actualidade, mentres se cumpren os prazos legais previstos para sacar a licitación o contrato.

As Anpas levaban meses reclamando que as administracións se fixesen cargo deste cometido e mesmo anunciaran hai uns días medidas de presión ante a problemática que lles supón facerse cargo desta prestación que se ofrece nos centros escolares entre as sete e media da mañá e as nove, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias.

Pola súa banda, o PSOE emitía tamén  un comunicado –previamente á realización do encontro entre ambas partes–  no que anunciaba que levaría ao pleno deste mes unha moción para que o Concello se fixese cargo de dita prestación. “Nesta moción vimos solventar as trabas xurídicas que manifesta Terra Galega para non asumir o servizo, ao tratar a prestación do mesmo coma unha medida de conciliación da vida persoal, familiar e laboral tramitada a través dos servizos sociais que son unha competencia propia do Concello”, indicou o portavoz socialista, Jorge Ulla.

“Agardamos que a alcaldesa reconsidere a súa postura, xa que se trata dunha medida de xustiza social, que evitará que ningún neno e nena de Narón poida verse discriminado económicamente e quede sen almorzo ao terse que baremar o servizo por nivel de rentas das familias”, apuntou no escrito. l

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620