Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Narón

Campaña polo Nadal no comercio e na hostalaría de Narón

Narón impulsa un ano máis unha campaña promocional do comercio que se desenvolverá do 2 ao 29 de decembro. Así o anunciou onte a edila de Promoción Económica, Olga Ameneiro, engadindo que os responsables dos pequenos establecementos e locais de hostalaría interesados en participar poden anotarse nas diferentes propostas, unha enfocada á dinamización do comercio, outra á decoración exterior dos establecementos comerciais e hostaleiros e unha última exclusiva para este último sector.

A primeira repartirá papeletas entre a clientela polas compras realizadas para poder participar no sorteo de catro cestas de Nadal con produtos de proximidade e tres vales por importe de 1.000, 600 e 400 euros –para empregar en tres ou máis dos establecementos participantes, que se poderán anotar a través do correo electrónico nadalnaron2024@gmail.com–.

Na segunda das propostas, a de decoración de comercio e hostalaría, tres persoas pertencentes a entidades representativas de diferentes ámbitos elixirán ao gañador. Para inscribirse é preciso escribir á dirección de correo anteriormente citada ou enviar un WhatsApp ao 672 591 409 –o prazo remata o 10 de decembro–.

Por último, a iniciativa “Datas saborosas” diríxese aos establecementos da cidade que ofrezan ceas, menús especiais ou comida para levar durante o Nadal. A través dela terán a oportunidade de comunicalo para aproveitar a difusión que se realizará desta campaña. Os interesados en tomar parte poden anotarse até o 29 de novembro.

“Queremos promocionar o comercio e a hostalaría locais, que ofrecen unha variedade de produtos á cidadanía, reforzando as compras de proximidade e poñendo en valor a calidade dos produtos que ofrecen á clientela”, remarcou Ameneiro, invitando aos sectores e á veciñanza a participar nas diferentes propostas impulsadas polo Concello.