Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Narón

"Arrugas" dá continuidade ao cinema gratuíto no Pazo da Cultura

“Arrugas”, unha obra de Ignacio Ferreras, é o próximo título que inclúe o cartel da iniciativa “Cine de Animación”, que propón o Concello de Narón en colaboración co Cineclube Serie B para todos os mércores.

A proxección desta semana, que está dirixida a todos os públicos, comezará ás 20.00 horas no Pazo da Cultura. Trátase dun filme baseado na novela gráfica homónima de Paco Roca, que gañou o premio Goya á Mellor Película de Animación e Guion Adaptado.