Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O xenuíno estilo da banda POI lucirase na sala Room

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os artífices do “poi floyd”, un estilo no que conflúen o rock&roll, a música electrónica e o chamanismo, revolucionarán o escenario de La Room este venres. Este concerto de POI, para o que xa se poden adquirir as entradas en Ataquilla, chega á cidade despois do seu recente lanzamento do sinxelo “O monte é sagrado”.

A sala conta coa subvención, por dous anos, da Axencia Galega das Industrias Culturais para participar na Rede Galega de Música ao Vivo –RGMV–, un programa no que se enmarca este concerto, que abrirá as portas do establecemento ás 00.00 horas.

Co seu primeiro disco, “Psicodelia”, que viu a luz o ano pasado, o grupo comezou unha xira que se inaugurou coa estrea do videoclip “Delirando”, unha homenaxe ao cantante de Heredeiros da Crus, Javi Maneiro, na sala compostelá Moon Music Club.

A gravación, con dirección e realización de Javi Romo, xa advertía das características letras e sons de POI, que se combinaron con imaxes de inspiración cinematográfica e visións oníricas. Outros exemplos da súa personalidade recóllense no disco en temas como “Misterio” ou “7 onda de blues”, inspirado na tradición da praia do Castro, en Ribeira, de meterse no mar para limpar o corazón coa sétima onda. Xa en 2023 sorprenderon coa reivindicación que fan no seu último traballo “O monte É Sagrado”.

Máis concertos da rede galega de música ao vivo

La Room ofrecerá en outubro tres actuacións incluídas na RGMV, que serán as de Cherry Sweet, Adrián Costa e Banda Crebinsky. Despois, en novembro, subirán ao escenario Catuxa Salom e Andrea&The Black Cats. A iniciativa inclúe unha programación de 20 sesións anuais que xa se estreou cos concertos de Cabe García, Robert Gago e Distance Sisters.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620