Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A vixencia do pensamento de Castelao analízase no Antigo Hospicio

O Antigo Hospicio de Ferrol será o escenario da seguinte sesión que organiza a Sociedade Cultural Medulio. Nesta ocasión, o título é “Que está a pasar con Castelao?”, unha proposta que se desenvolverá mañá mércores, ás 19.30 horas.

Baixo esta denominación, no encontro analizarase a vixencia do pensamento político deste icónico autor e ilustrador. Como protagonistas da sesión, a cita contará coas intervencións de Manuel Rei Romeu e Francisco Rodríguez.