Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Os veciños do Inferniño organizan un Mercado de Verán esta fin de semana no Carvalho Calero

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A AVV do Ensanche A-O Inferniño organiza mañá sábado e o domingo o seu Mercado de Verán, unha iniciativa que conta coa colaboración do Concello e que terá lugar na sala de exposicións do centro cultural Carvalho Calero de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 as dúas xornadas.

É xa o segundo ano consecutivo en que se leva a cabo este evento no que participarán emprendedores locais e procedentes doutros puntos da provincia.

Nas distintas paradas do mercado poderanse atopar produtos moi diversos, como artigos de coleccionismo, velas artesanais, obxectos de decoración, cestería, bisutería ou tamén complementos caninos.

Ademais, desenvolveranse dous obradoiros gratuítos. O sábado ás 11.30 horas terá lugar un taller de pulseiras de vidro reciclado e o domingo ás 18.00 Gabriela Berini impartirá un taller de escritura persoal.

Abre de 11.00 a 14.00 horas e desde as cinco ata as 

oito da tarde

Na cita participarán varias empresas de artesanía, como “Bite me dog”, impulsada por Patrizia Pérez e especializada en roupa e accesorios caninos; Tecielo, coas súas fundas e complementos téxtiles; Zen Tolas, que achegará artigos de bisutería e barro; a cerámica caseira de Candeiriñas; a xoiería queer de Alma Diversa, e a artesanía de Néboa na ría. Tamén estarán presentes Alicia Brage coa súa empresa Halyzya sin dedal –que fabrica produtos téxtiles e bisutería– e Antonia Gómez, de Tentaciones, tenda especializada en pezas de tela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620