Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Unanimidade entre os “sénior” para pedir transporte, espazos verdes e coidado do patrimonio cultural

O pleno do Concello de Ferrol tivo durante uns minutos, na mañá de onte, unha alcaldesa. Este feito extraordinario foi posible grazas á presenza do alumnado da Universidade Sénior da UDC, que acudiu a coñecer as instalacións municipais e celebrou a súa propia sesión. Foi Teresa Orea a que exerceu como primeira edil, acompañada polos concelleiros Javier Díaz, Patricia Cons e Rosa Martínez na mesa presidencial.

Nas bancadas dos edís e no público distribuíronse os visitantes para levar a cabo un pleno no que exerceron como portavoces Carlos Amado, Alicia Pérez, Leónidas Fernández e Estrela Pita. Eles expuxeron as demandas deste grupo de idade que a miúdo é invisibilizado ou infantilizado.

As súas propostas para impulsar a cidade inclúen a mellora das comunicacións por estrada, dotar a Ferrol dunha estación intermodal, modernizar a liña ferroviaria, ampliar os espazos verdes e paseos, o coidado e potenciación do patrimonio cultural e natural e a unidade. As demandas foron aprobadas por unanimidade.

Entre o público situábanse tamén concelleiros actuais da oposición e non faltaron tampouco as pancartas reivindicativas –reclamando melloras no tren–, unha presenza continua nos plenos ferroláns e que deron maior verosimilitude á reunión.

A actividade incluiu tamén unha visita pola área de Alcaldía e unha foto de familia para ter unha lembranza do día.