Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Os traxes do século XVIII deseñados polas alumnas do Campus de Ferrol desfilarán no Festival Ilustrado 2025

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A sala de exposicións do Centro Cultural Universitario, localizado no Campus Industrial de Ferrol, alberga dende o xoves a exposición “Ecos do Pasado, Visión de Futuro”, que inclúe catro traxes do século XVIII elaborados por oito alumnas do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable. Está previsto que estas vestimentas, que se poden visitar até o xoves 22 nestas instalacións, formen parte do desfile de mañá, no V Festival Ilustrado.

As alumnas do máster que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol –EPEF–, responsables destas creacións, son Ana Cristina Rico, Alicia Lorenzo, Fatma Benhamou, Xiana Santiago, Aida Vidal, Carla González, Reguieg Ysaad Narimene e Valentina Sánchez. Para realizar os traxes, as artífices utilizaron os chamados tecidos téxtiles intelixentes e materiais reciclados.

Beatriz Sieira, responsable de vestiario da exitosa serie “Rapa”, que se rodou por múltiples puntos da comarca, impartiu un seminario enmarcado na materia Téxtiles Intelixentes e Téxtiles Técnicos, que animou ás oito alumnas a recrear as vestimentas da época da Ilustración. Estes catro traxes, amais d­outro que foi cedido polo Centro de Iniciativas Turísticas, Económicas e Sociais –Cites–, integran unha exposición que está aberta a toda a comunidade universitaria, así como a todo o público xeral interesado.

O acto de inauguración contou coa participación da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; da concelleira de Turismo e Patrimonio Histórico, Maica García; do director do Campus Industrial da UDC, Marcos Míguez; a subdirectora de Másters da EPEF, Luz Castro; da coordinadora do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable, Elena Arce; e catro das alumnas creadoras.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620