Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Talentiño concorre por segundo ano consecutivo aos premios Martín Códax na sección Festivais

A competición musical O Talentiño, que organiza o Concello de Ferrol, atópase entre os posibles gañadores da categoría Festivais dos premios Martín Códax por segundo ano consecutivo. As inscricións para participar no certame aínda estan abertas, até o venres 14, na web oficial.

Esta convocatoria preséntase como un escaparate para os novos talentos artísticos da zona de Ferrolterra, tomando como referencia outras propostas do estilo na comunidade galega. Os galardóns aos que opta O Talentiño están organizados por Músicas ao Vivo, coa colaboración de Bodegas Martín Códax, o Concello de Pontevedra, a Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta e a Deputación provincial correspondente.