Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Roteiro sobre a represión lingüística en Ferrol guiado por Carlos Callón

Carlos Callón guía este domingo varios roteiros pola historia da represión lingüística en Ferrol, a partir da información da súa obra “O libro negro da lingua galega”. Sairase da praza de Armas ás 12.00, ás 18.00 e ás 20.00 horas. O percorrido terá unha duración de entre unha hora e hora e media. A inscrición debe facerse no correo roteirosdolibronegro@gmail.com. A actividade está organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística e a editorial Xerais.

Callón foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, promotor e portavoz de Queremos Galego e presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minoradas. É autor de varias obras nas que afonda na situación sociolingüística do galego no país.