Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A revista “Nova Ardentía” preséntase este venres no centro cívico de Canido

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O décimo sexto número da revista de cultura marítima e fluvial “Nova Ardentía” preséntase este venres no centro cívico de Canido ás 20.00 horas. Antón Mascato, Roberto Santos, Vicente Irisarri e Manuel Lara, autores dalgúns dos traballos que recolle a publicación, intervirán nun acto que introducirá o presidente de asociación de veciños, Roberto Taboada.

“A comarca de Ferrol é terra sobranceira de botes e mariñeiros, pródiga en estaleiros e mesmo en construción de embarcacións con distintiva fasquía propia, como ben deixara anotado Bernardo Máiz, condiscípulo naqueles nosos anos no instituto”, explicaba onte o ferrolán Manuel Lara, que asina tres textos deste número da revista que coordina Emilio Xosé Ínsua, “Transporte de madeira por flotación”, “Reto Astrolabio” e unha entrevista a Julio Valeiras.

Tamén colabora o enxeñeiro e exalcalde de Ferrol Vicente Irisarri co texto “Mentres espero a boa onda” e Roberto Santos cunha achega sobre o “Pajarito” na serie de “botes ártabros”. Os amantes da cultura marítima e fluvial da bisbarra poderán gozar tamén doutros traballos con presenza local, como “Segunda guerra polas sardiñas (IV). Bouzas e Mugardos 1889”, de Xabier Brisset.

En total, más de 150 páxinas dunha publicación que Lara considera “a mellor revista de cultura marítima da Europa, coa que procuramos ano tras ano que o ronsel de presentacións da mesma deixe tamén aquí a súa escuma”.

“Nova Ardentía” é a nova xeira de revistas publicadas nos anos 90 e, sobre todo, daquela “Ardentía” que nacera en 2004, aínda que co pasamento do seu patrón, Luís Rei, mudou ao seu nome actual.

Neste número, sinala Manuel Lara, recóllese “unha variada mostra de colaboracións que miran de abranguer o amplo horizonte do mundo do mar e os ríos, da carpintaría de ribeira ata a poesía de mar, cubrindo a historia, a ciencia, a literatura, a memoria, etc”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620