Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Repichoca de Resurrección organizada por Cuerda Floja para este domingo

Un dos establecementos de hostalaría que destacan na cidade de Ferrol por complementar os seus servizos con oferta cultural é o Cuerda Floja. Neste espazo da rúa Espartero, que o ano pasado comezou a tradición de convocar foliadas, volverá a vivirse un destes encontros populares que só teñen sentido coa participación do público.

Por este motivo, dende a organización animan a achegarse cos seus intrumentos ou con ganas de troula este domingo, a partir das 19.00 horas, para ser protagonistas dunha Repichoca de Resurrección, tal como denominaron a cita.