Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A relación dos graos de Ferrol coas empresas é unha das claves do éxito das matrículas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A maioría das titulacións de grao e dobre grao que se imparten no Campus Industrial de Ferrol pecharon as matrículas debido á gran cantidade de demanda. Neste momento, despois do cuarto chamamento, soamente quedan abertas as inscricións de tres formacións deste nivel académico.

Con esta última convocatoria súmanse aos peches os graos nas Enxeñarías Electrónica Industrial e Automática e en Tecnoloxías Industriais. Polo tanto, as carreiras que permanecen abertas no Campus ferrolán son Xestión Dixital de Información e Documentación, Enxeñaría Electrónica, así como Relacións Laborais e Recursos Humanos.

Un dos motivos achegados ao respecto pola Vicerreitora do Campus e Responsabilidade Social, Ana Ares, é que a institución vén de promocionar os graos propios e de incrementar a oferta, colaborando en numerosas feiras para esta labor de visibilización. “Temos titulacións que son únicas no sistema universitario galego”, indica Ares, referenciando o grao en Xestión Industrial da Moda, o grao en Relacións Internacionais ou o dobre grao en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica.

Ademais, as formacións encádranse en ámbitos que son “xa non emerxentes senón consolidados, como pode ser o sector da moda en Galicia e o naval”. Este último, de particular relevancia na comarca, “unido á carga de traballo que hai no estaleiro de aquí aos próximos quince anos, fai que as enxeñarías teñan sufrido tamén un repunte moi importante”, detalla a vicerreitora.

Ana Ares tamén destaca a inmersión do Campus na cidade, no que “os estudantes de todas as titulacións teñen a oportunidade de interaccionar entre si, aparte da relación que manteñen co tecido empresarial. “Tense incrementado co feito de ser Campus Industrial”, explica Ana Ares sobre os acordos coa industria, coincidindo coa renovación da acreditación de especialización. “Penso que todo isto fixo ao noso Campus máis atractivo e fai que o estudantado cada vez coñeza máis o Campus Industrial de Ferrol e por iso se decidan a vir estudar aquí con nós”, conclúe a vicerreitora.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620