Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O proxecto europeo que loita contra o cambio climático reúnese en Ferrol

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os profesores de Primaria e Secundaria que imparten as materias Steam, que son aquelas que corresponden ás areas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas, colaboran nun proxecto europeo que nestas datas se volve reunir no Campus Industrial. O obxectivo é a produción de materiais ou recursos educativos que loiten contra o cambio climático, no marco do movemento Maker.

Esta cultura, que nalgunhas ocasións denomínase “a terceira revolución industrial”, é unha extensión, baseada na tecnoloxía, do DIY –Do It Yourself–, é dicir, “fágao vostede mesmo”. Elena Arce Fariña, profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol –EPEF–, lidera esta iniciativa de innovación docente, en representación da Universidade da Coruña –UDC–.

A sala de xuntas do edificio da Vicerreitoría acolle, entre onte e hoxe, a segunda reunión de traballo presencial do Proxecto Europeo Erasmus+ “Production of Prototypes with Steam Content in Maker Workshops Against Climate Change” (Eco-Maker). Despois deste encontro, os seguintes desenvolveranse en Alemaña, Irlanda e Italia, ao longo do vindeiro ano 2025.

Trátase dunha iniciativa que está coordinada polo Agrupamento de Escolas de Mangualde de Portugal no que participan, en primeiro lugar, a Academia Internacional de Ciencia e Investigación de Reino Unido, o laboratorio FabLab Messina de Italia e o centro de Formación Profesional Bursa/Osmangazi, dependente do Ministerio de Educación Nacional de Turquía. Ademais da UDC, que é a única entidade española integrante, tamén forman parte o centro educativo SP 50 Bialystok de Polonia e o Centro de Formación EduForm de Portugal.

Dentro da representación desta institución española, nesta actividade participan membros do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol –EPEF– e a Escola Universitaria de Deseño Industrial –EUDI–.

O proxecto está cofinanciado pola Comisión Europea e conta cun presuposto total de 250.000 euros, dos que a UDC dispón de 39.500 euros para a elaboración do currículo do curso, de xeito que promova o interese e a excelencia nas áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620