Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“A profetisa Ferrolisa”, nova actividade da Biblioteca central de Ferrol

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Biblioteca municipal da praza de España abriu este luns o período de inscrición para unha nova actividade que leva por título “A profetisa Ferrolisa”. Os nenos e nenas nados entre 2015 e 2017 poden apuntarse para poder participar nas sesións de “defensa dos libros” que terán lugar os xoves 19 e 26 deste mes de setembro e 3, 10, 17 e 24 de outubro, sempre ás 17.30 horas.

A dinámica, explica a dirección da biblioteca, consiste en que unha semana antes de cada anterior –é dicir, neste caso, este xoves, día 12–, Ferrolisa colgará na árbore indicada na entrada da biblioteca os títulos dos libros a recoller e que os nenos e nenas deberán defender na seguinte sesión.

O último día da iniciativa, o día 24, a Profetisa Maior, que é a encargada de eliminar os libros, visitará aos participantes para escoitar as súas “defensas” das obras e decidir se, finalmente, eses títulos deben ser suprimidos.

Prazos

As inscricións –todos os luns– na actividade deben realizarse en liña, na web da Biblioteca municipal, e serán independientes para cada sesión. Os cativos e cativas apuntados nesta primera sesión deben recoller este xoves o libro. Os interesados poden obter máis información na propia Biblioteca, no teléfono 981 944 182 ou no correo biblioteca@ferrol.es.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620