O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol Marcos Míguez, novo director do Campus Industrial

A Universidade da Coruña fixo público nas últimas horas que o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Marcos Míguez González, vén de ser nomeado director do Campus Industrial da Universidade da Coruña en substitución da profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), Ana Isabel Ares Pernas, quen, como ben se lembrará, ocupa desde o pasado 16 de xaneiro o cargo de vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
Marcos Míguez González (A Coruña, 1981) é doutor en Enxeñaría Naval e Oceánica pola Universidade da Coruña. Entre os anos 2017 e 2020 coordinou o grao en Enxeñaría Naval e Oceánica e desde o ano 2020 dirixe o máster Erasmus Mundus en Sustentabilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo, unha titulación internacional financiada pola Comisión Europea e que nace baixo o paraugas dun consorcio integrado pola Universidade de Nápoles Federico II (Italia), a Universidade da Coruña e a Universidade de Zagreb (Croacia).
Ademais de impartir docencia na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Míguez González é investigador do Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña onde está especializado no eido dos sistemas de análise de estabilidade, nos fenómenos da estabilidade dinámica e na análise do comportamento do buque. Cómpre sinalar a súa contribución para a posta en marcha da Canle de Ensaios Hidrodinámicos situada no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (Citeni), no Campus local.
Campus excelenteO Campus Industrial de Ferrol acadou o pasado mes de decembro a renovación do selo de excelencia como complexo de especialización acreditado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para os próximos catro anos, ata 2028, un recoñecemento de calidade impulsado pola Xunta que naceu co obxectivo de fortalecer as estruturas dos campus non centrais aproveitando as súas potencialidades e facéndoos máis competitivos e especializados. Desde o seu nacemento, en 2015, o Campus Industrial local basea a súa especialización en cinco liñas estratéxicas; a robótica, os materiais, a optimización de procesos, a enxeñarÃa naval e offshore e a xestión industrial e o desenvolvemento do produto. De cara aos próximos anos, deberá incorporar novas liñas de investigación vinculadas aos eidos da enxeñarÃa eléctrica e electrónica, das telecomunicacións e da informática asà como liderar a investigación a nivel nacional no campo da enxeñarÃa aditiva e fabricación 4.0. O seu recoñecemento como o primeiro campus con especialización acreditada de todo o sistema universitario español e tamén o primeiro centrado no eido da industrial naval chegou en 2021 logo dun proceso de avaliación por parte dunha comisión de persoal experto independente, alleo ao Sistema Universitario de Galicia, intre no que conseguiu esta acreditación por un perÃodo de tres anos. |