Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Personal do Citeni e do Citic desenvolven un modelo intelixente para a construción naval

A revista International Journal of Prodution Research, prestixiosa no ámbito da Enxeñaría industrial, vén de publicar unha investigación dun modelo intelixente que optimiza a construción naval, cun uso moito máis eficiente dos recursos dun estaleiro e que reduce, así mesmo, os tempos de montaxe dos buques.

O traballo forma parte da tese de doutoramento de Javier Pernas, quen asina a publicación xunto ao investigador Diego Crespo. Ambos levan a cabo o seu labor no Citeni –Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais–, localizado no Campus de Ferrol, e participan nas distintas liñas do centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, que están orientadas ao desenvolvemento de solucións para mellorar a eficiencia na industria naval.

O terceiro dos firmantes do estudo é José A. Becerra, do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e  as Comunicacións –Citic– de A Coruña. Os investigadores traballan en integrar agora esa ferramenta, que axuda a tomar decisións con sistemas de simulación en tempo real, para adaptalo aos posibles contratempos que xurdan durante o proceso. Buscan consolidarse cara a unha organización máis intelixente e áxil.