Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Omadroma: “Ferrol é unha cidade moi activa no que respecta ás bandas amateur”

A traxectoria de Omadroma remóntase ao ano 2015, cando deron os seus primeros pasos e mesmo algún concerto, como na vella Super 8. A marcha do batería a Madrid obrigou a cambiar os plans. “Fixemos outro concerto con outro rapaz e despois de 2017 quedou o conto un pouco aparcado ata que este ano volvímonos encontrar os tres e vímonos con ganas de retomalo”, explica Carlos, voz e guitarra dunha formación que está integrada tamén polo baixista e cantante Pablo e o baterista Martín.

Omadroma é unha proposta aberta de mente, que combina xéneros aparentemente afastados. “Estabamos todos nunha liña máis ou menos semellante, aínda que pode ser que teñamos dous polos de influencias: a psicodelia, máis progresiva, e o punk rock e o garage, algo máis enérxico”, explica Carlos antes de recoñecer que co paso do tempo, as referencias e as influencias tamén medran. “Imos ampliando un pouco o cesto”, di.

Outra das características, se cadra a máis importante, que fan tan especial a proposta de Omadroma é a súa predilección por crear temas propios. De feito, esa etiqueta está presente en toda a súa musica, pois non fan versións. “Naquel momento fixeramos varias gravacións, programando baterías, por exemplo, e temos tres ou catro na plataforma Bandcamp que se chama ‘Pequena morte’, un proxecto musical amplo que aglutinaba a varias bandas amateur que estabamos empezando e comezamos a publicar cousiñas”. Agora están involucrados noutra iniciativa, “Extrarradios”, de alcance e filiación máis ferroláns.

Hoxe, Omadroma levará os seus temas á praza de Armas –co cambio de Antonio, de Ghorxa, por Martín, que se está a recuperar dunha lesión–, unha oportunidade que consideran “un gusto e unha sorte. Temos que agradecer moito á iniciativa de Nerea, a coordinadora dos locais de ensaio”, aseguran. 

Nesa liña, Carlos lembra que Ferrol é unha cidade que ten “moitas bandas, moita música e moito interese pola música; mesmo diría que hai aquí máis grupos amateur que na Coruña, algo que é realmente sorprendente”.