Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“Neura” chega ao Jofre como terapia coincidindo no Día da Saúde Mental

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O derrubamento do estigma asociado aos trastornos da mente humana é o obxectivo co que se presenta “Neura”, unha creación da produtora De Ste Xeito. Esta obra cómica exhibirase no teatro Jofre o xoves 10 de outubro, unha data que conmemora este ámbito da saúde anualmente e a nivel mundial, ás 20.30 horas.

A dramaturxia e a dirección desta proposta estivo a cargo de Manuel Pombal; a escenografía e o vestiario de Carlos Alonso, e o deseño de iluminación foi responsabilidade de Jorge Ramos. Completan o equipo os actores Stephy Llaryora e Sergio Macías, que encarnan a Sonia e Edu.

“Os dous tivemos, como case todo o mundo, as nosas experiencias coa saúde mental”, unhas realidades que “nos humanizan, nos fan diferentes e ao mesmo tempo, tamén iguais, porque penso que cada quen ten as súas teimas”, explicou a intérprete.

Estes personaxes non soamente son a vía para poñer sobre o escenario o asunto das doenzas, senón que tamén logran afondar no mundo das relacións íntimas. No caso de Edu e Sonia, encaixan na categoría difusa  dos “ex”, despois de que as súas neuras particulares os bifurcaran.

“Pensamos que a parella é unha plataforma moi boa” que se ultiliza para situar “ao mesmo nivel unha diabete que unha depresión”, exemplificou Llaryora.

Exposición

“Os ollos da mente” é o nome da mostra que complementa o proxecto “Neura”. Trátase dunha colección de oito pezas que se localizarán na entrada do teatro o mesmo día da representación.

Por este motivo, a compañía recomenda aos espectadores asistir previamente con tempo suficiente para disfrutar das obras exhibidas, xa que a iniciativa foi ideada como antesala da función teatral.

A artífice desta proposta é a artista ourensá afincada en Suíza MJ Domínguez, de TerraSabi, irmá do socio fundador da produtora. Os principios do “wabi sabi” xaponés, un concepto derivado da filosofía budista zen que mestura a estética coa espiritualidade, inspiran a súa obra.

O conxunto está formado por elementos escultóricos que se contectan, tanto entre eles como con “Neura”, co fío condutor da saúde mental. “A exposición tamén nace, dende outra linguaxe, dunha necesidade de María José de crear pezas que tiveran que ver con estes trastornos”, manifestou Stephy Llaryora.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620