Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Os nenos da aula hospitalaria do CHUF gozan dunha xornada de robótica

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os robots invadiron na mañá de este mércores a aula hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Alí, Alejandro Liñares, que é un administrador de sistemas voluntario, foi quen se rodeaba dos máis pequenos usuarios deste espazo para desenvolver un taller de robótica.

Esta iniciativa é posible grazas ao traballo que fan desde o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que forma e activa ós seus voluntarios para desenvolver este tipo de accións en virtude dunha colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Segundo eles mesmos indican, “este proxecto ten como obxectivo achegar a tecnoloxía e a robótica aos hospitais galegos, ofrecendo unha experiencia educativa e motivadora para os nenos que permanecen hospitalizados”. Tanto o CPEIG como a Consellería de Sanidade destacan e agradecen a colaboración desinteresada de todos os participantes.

Así, acudiron a recibir a este voluntario o subdirector de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Área Sanitaria de Ferrol, Juan Manuel González Pérez, e o responsable de Informática, Fernando Fernández Gómez.

Durante a xornada, os nenos e nenas que utilizan a devandita aula puideron manipular todo o material robótico que trouxeron os voluntarios e tamén crearon, coa axuda do voluntario, os seus propios mandos.

Este proxecto arrincou este ano e estase a desenvolver nas sete áreas sanitarias de Galicia, reafirmando así “o compromiso de ambas entidades coa tecnoloxía como ferramenta de inclusión e apoio en contornas sensibles”, indican.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620