Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A música de Ghorxa recibe o outono na lagoa de Doniños

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A banda local Ghorxa, que combina o stoner e a psicodelia con tintes do garaxe, dará un concerto este venres, a partir das 20.00 horas, na AVV O Lago de Doniños. Esta cita, que está pensada nun inicio para o aire libre, coa posibilidade de adquirir churrasco, rematará cunha pinchada de rock a cargo de DJ Capi Smut.

As orixes do grupo están precisamente nos arredores deste escenario, xa que os membros comezaron a ensaiar xuntos tras a pandemia no garaxe dun dos guitarristas, Nico Fernández. Despois da súa estrea en Ortigueira, pasaron por salas da cidade como Yggdrasil e Ruido, aparte de saír da comarca.

O seu sinxelo “Voices”, dispoñible en Bandcamp, achega “un son cru que lembra a música dos 90”, indicou Antonio Santiago, batería. Proximamente sacarán unha maqueta autoproducida coa axuda de Ángel Rodríguez, de Demo Rumudo, e Pablo Sáenz, responsable do proxecto electrónico Nüca. Algúns destes temas, como “Sal de ti” ou “Im on my own”, poderanse escoitar no concerto que do venres.

“Somos un grupo moi ecléctico”, sinalou Pablo Estévez, guitarrista e cantante, que irrumpe nun “panorama moi rico con moita música do noso estilo, como Menta, Turbo Kraks ou Luna Motos”, continuou. A maiores, Carlos Brión completa o equipo co baixo e tamén coa súa voz. Por outro lado, a meteoroloxía non será un obstáculo, xa que a organización conta con previsión en caso de que coincida mal tempo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620