
A corporación local gardou na mañá deste mércores un minuto de silencio fronte ao pazo municipal como repulsa ante os crimes machistas das últimas horas. Este é un acordo plenario que se cumpre con cada unha das mortes, cando estas son confirmadas como violencia de xénero polo Ministerio de Igualdade.
Neste caso trátabase dunha muller de 27 anos, degolada presuntamente polo seu marido o luns en Almería. Tiña tres fillos menores de idade. Tamén se gardou silencio pola morte dunha muller de 31 anos, presuntamente asasinada pola súa parella en Pozoblanco (Córdoba), quen despois tamén se matou. Tiñan tres fillos.
Esta mañá tamén se confirmou como violencia de xénero a morte violenta dunha muller de 91 anos en La Laguna (Tenerife) a mans do seu home, de 92.
Así, son 35 o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España no que vai de ano e quedaron orfos 39 menores por esta mesma causa.