Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Merce Santos e María Vidal, nas xornadas formativas de Sedes que organiza Vai Rañala Meu!

A vida cultural volve paseniñamente á normalidade e as entidades que non quedaron no camiño e lograron saír da pandemia van recuperando os proxectos que tiñan en marcha ou en mente antes de marzo de 2020. É o caso das xornadas formativas de música tradicional que organiza a asociación cultural naronesa Vai Rañala Meu! e que esta fin de semana cumpre a súa cuarta edición coa presenza de dúas referentes no panorama da música de raíz.

O portavoz da entidade, Daniel Cánovas, lembraba onte que o traballo “docente” da entidade comezou hai máis dunha década, co obxectivo de ofrecer un “marco formativo estable arredor da música e mais o baile tradicional” e na edición de este ano quíxose enxalzar o protagonismo feminino a través das figuras da asturiana Merce Santos –no referido á zanfona– e de María Vidal –canto e percusión de man–. A xornada de baile que ía impartir Montse Rivera adíase momentaneamente. Esta iniciativa súmase á oferta xa activa de Vai Rañala Meu! de violín para música tradicional, acordeón diatónico e cantos de taberna.

As persoas interesadas en asistir a estas xornadas de formación que se desenvolverán no centro cívico de Sedes mañá (Merce Santos) e o domingo (María Vidal) poden inscribirse aínda en vairanhalameu@gmail.com ou chamando ao 616 421 882. l