Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Os laboratorios do CHUF realizaron cinco millóns de análises en 2022

beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os catro laboratorios do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol realizaron, ao longo de 2022, case cinco millóns de accións, a maioría correspondentes á área de Análises Clínicas. Tanto este espazo como o de Microbioloxía e o de Anatomía Patolóxica están certificados en calidade pola norma ISO e ademais están acreditados para a docencia MIR, a do máximo nivel.

No caso de Microbioloxía, trasladado temporalmente ao Naval e con instalacións ampliadas, o ano pasado supuxo certo retorno á normalidade despois do coronavirus. Polas súas mans pasaban as PCR para diagnosticar a presenza do SARS-CoV-2 e xestionaban unhas 200.000 mostras ao ano nesa época. En 2022 foron 142.139 as peticións entre bacterioloxía xeral e seroloxía e bioloxía molecular.

Encárgase do seguemento e tratamento de mostras para o diagnóstico de enfermidades infecciosas, así como do control da resistencia aos antibióticos, dos estudos virolóxicos (cun espazo para a tuberculose) ou da vixilancia das infeccións que se producen dentro do propio hospital.

Este laboratorio é un referente en Galicia, desde o 2011, para o control do comportamento da pneumonía en Galicia e seguimento da vacina.

Cadea automatizada

O de Análises Clínicas é o laboratorio que máis mostras procesou o ano pasado, con 4.343.212 determinacións entre os laboratorios ordinarios e o de urxencias. Foi o primeiro en Galicia en ter a certificación en calidade, que obtivo en decembro de 2011. Está descentralizado tamén nos centros de saúde, de forma que só as extraccións especiais se realizan no hospital.

Conta cunha área automatizada (CORE), que inclúe bioquímica e inmunoquímica, farmacocinética e screening prenatal; unha de proteínas, outra dedicada a autoanticorpos e alérxenos e outra de ouriños, feces e líquidos biolóxicos, ademais do xa citado laboratorio de urxencias.

Proporcionan información en canto ao cribado, diagnóstico, tratamento, seguimento, control e tamén prevención das enfermidades.

Tratamento do cancro

Anatomía Patolóxica realizou en 2022 un total de 43.825 accións, incluíndo biopsias, citoloxías e necropsias. O seu papel é clave no campo da oncoloxía posto que co estudo das mostras establécense factores prognósticos e de resposta terapéutica imprescindibles para o manexo dos pacientes con cancro e a elección de terapias.

O servizo participa de maneira activa en todos os Comités de Tumores da Área.

Banco de sangue

O laboratorio de Hematoloxía realiza probas de hematimetría e coagulación (o hemograma, no que se analizan todos os compoñentes sanguíneos, é o máis solicitado) e atende o Banco de Sangue, onde se realizan as probas de compatibilidade para transfusión. Tamén se encarga dos controis periódicos dos pacientes anticoagulados. O ano pasado rexistrou 429.327 determinacións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620