
Os premios que concede cada ano a Real Academia de Farmacia de Galicia tiveron nesta edición un protagonismo moi ferrolán. Ademais do accésit do Premio Julián Francisco Suárez Freire para novos investigadores acadado por Marcos Vilela cun traballo sobre fotoensamblaxe de péptidos, outra veciña da cidade naval, Iria Sanjuán Casanova (Ferrol, 2000), foi merecedora do galardón Antonio Casares Rodríguez, un recoñecemento patrocinado polos colexios oficiais de farmaceúticos de Galicia ao mellor expediente académico do grao en Farmacia na promoción 2019-2023 na Universidade de Santiago de Compostela.
“A química e a bioloxía sempre me gustaron moito”, explicaba onte Sanjuán, “e xa no instituto –estudou no IES Concepción Arenal– eran as miñas materias favoritas. No bacharelato empecei a mirar que podería estudar. Medicina non me chamaba moito a atención, pero si Química, así que me interesei por Bioloxía ou Bioquímica, pero como tamén me gustaba moito a clínica, os fármacos, ao final decidinme por Farmacia”.
FIR e residencia
A diversidade de saídas profesionais foi, comenta Iria Sanjuán, un dos motivos que desnivelou a balanza a favor de Farmacia. “Vin que podía facer unha rama máis de investigación, máis de tecnolóxica ou dedicarme ao hospital, que ao final é o que quero facer”. A elección resultou ser un acerto desde o primeiro momento. “Moi contenta, a verdade”, asegura. “O primeiro curso é máis xenérico, pero iso pasa en todos os graos. Aínda así, a min gustoume desde o primeiro momento”, sinala. Tanto, que a nota media de 9,56 sobre 10 foi a mellor da súa promoción.
A última boa nova vén de recibila Sanjuán hai apenas uns días. A publicación das notas do FIR –o MIR de Farmacia– colocan a esta ferrolá como a cualificación máis alta, a número 1, co que poderá elixir o hospital no que facer a residencia. “A miña idea é ir a Vigo”, di Sanjuán, que reitera que o seu desexo é poder dedicarse á farmacia hospitalaria. Ten, ademais, unha boa experiencia no hospital ferrolán. “Fixen as prácticas no CHUF e quedei moi contenta, aprendín un montón, gustoume moitísimo o traballo que fan os farmacéuticos e tratáronme moi ben. No futuro véxome traballando nesa área”, remata.
O tamén ferrolán Marcos Vilela, accésit de excelencia do premio para novos investigadores |
O traballo publicado recentemente na revista âChemâ, unha das máis prestixiosas no campo da QuÃmica, non pasou desapercibido para a directiva da Real Academia de Farmacia de Galicia, que decidiu conceder o accésit de excelencia do premio Julián Francisco Suárez Freire ao seu primeiro asinante, o ferrolán Marcos Vilela Picos.Trátase, como explicaba el mesmo o pasado mes de xaneiro neste xornal, dun traballo desenvolvido principalmente polo Centro Singular de Investigación en QuÃmica Biolóxica e Materiais Moleculares âCiQUSâ da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido por Juan Ramón Granja. Nel infórmase do deseño dun novo tipo de ciclopéptido que ao ser irradiado con luz permite formar ou disgregar os nanotubos a demanda. Isto supón, comentaba naquel momento, un paso importante de cara a simular o citoesqueleto das células, que é un dos grandes retos que ten a bioloxÃa. l |