Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Homenaxe a Xesús Alonso Montero na presentación da separata de FerrolAnálisis

O profesor Xesús Alonso Montero celebra este ano o seu 95 aniversario, un acontecemento que motivou múltiples recoñecementos de institucións académicas e culturais. O Club de Prensa de Ferrol sumouse á homenaxe co número 35 da revista de Pensamento e Cultura FerrolAnálisis, pola que editan unha separata que se presentará nesta tarde de xoves, ás 19.00 horas, no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial.

O exemplar, que  recolle unha colaboración do protagonista e artigos dedicados a el, enriquécese con novas achegas sobre  Alonso Montero, dada a súa contribución á cultura galega. A entrada ao encontro, no que participarán distintos representantes do ámbito académico e institucional, é libre até completar o aforo, e ao remate ofrecerase unha breve actuación musical.