Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Festival Atlántica leva de ruta pola ría nesta edición inspirada nos “sanandresiños” de Teixido

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O Festival Atlántica, que se celebrará entre o 3 e 5 de xullo por distintos puntos de Galicia, entre os que se atopan Ferrol, Mugardos, Cedeira e A Capela, será escenario de contos, músicas e roteiros narrados, todas elas propostas gratuítas dirixidas tanto a público infantil como adulto.

Esta semana, José Antonio Ponte Far, concelleiro de Cultura, e Soledad Felloza, directora do evento, presentaron o programa que se desenvolverá pola comarca. Neste territorio, o festival comezará o xoves 3, ás 12.00 no centro cívico de Canido, co espectáculo familiar “Un neno, un can, un gato e un pito”, da valenciana Paula Carbonell. Na sesión, as palabras xogan co público e cada historia convida a sentir, dende a risa á sorpresa. Trátase dun encontro ideal para familias con nenos a partir de 3 anos.

Dous historiadores locais serán os encargados de guiar os roteiros, por terra e por mar. En primeiro lugar, ese mesmo día inaugural, ás 19.00 horas, “Ferrol na historia: a súa igrexa de San Xiao”, estará conducido por Margarita Sánchez. Os participantes terán a oportunidade de entender tanto o pasado dun edificio como o espírito dunha época que outorgou á cidade un papel clave en Galicia. Aínda quedan prazas para esta actividade pero cómpre realizar a inscrición na web festivalatlantica.gal.

O venres 4 de xullo, ás 11.00, será Guillermo Llorca quen dirixa o roteiro en barco “O porto ilustrado”, partindo de Curuxeiras. Esta é a terceira proposta do historiador no marco do Festival Atlántica e, desta volta, diferénciase na conxugación de patrimonio, paisaxe e historia. A actividade esgotou as súas prazas ao pouco de ser anunciada nas redes sociais, pero precisamente esta boa acollida animou á organización do festival a ampliar as vacantes, que están dispoñibles dende onte no mesmo enlace.

Non obstante, o xoves 3, de regreso no centro cívico de Canido, o público disporá do espectáculo “Polos camiños do norte: unha ponte de contos entre tres terras celtas”, da contadora Inés Álvarez Villa, que vén dende Escocia cun fío narrativo que une ese país con Irlanda e Asturias, localicacións célticas que comparten lendas, emocións e memorias.

O italiano Simone Negrin será protagonista o venres, ás 20.30, mesturando humor e superstición en “Fare le corna”, un espectáculo para adultos que se presentará tamén no mesmo espazo de Canido. Cambiando ao baluarte do barrio, o sábado 5 de xullo ás 21.00, Su Garrido Pombo ofrecerá o concerto narrado “Patios de luz”.

Por outro lado, haberá dúas funcións no Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos, ambas ás 21.00: o xoves 3, Vero Rilo e Santi Cribeiro presentarán “Lavandeiras” e o venres 4, José Luis Gutiérrez ‘Don Guti’, “Novas historias de filandar”.

Ademais, os pequenos dende un ano en adiante poderán gozar do espectáculo de Bea Campos, “Garavanciña”, nos xardíns da piscina municipal da Capela, o venres 4 á 13.00 horas. Este mesmo día, o adro da igrexa de Santo André de Teixido será o escenario, ás 20.30, da sesión para público adulto “No país das cousas marabillosas”, que virá a cargo de Rafa Quintía.

Inspiración

Este ano, a organización tomou o “leitmotiv” da memoria como amuleto protector, poñendo o foco no poder simbólico da narración oral como acto de resistencia. Así pois, dase protagonismo aos “sanandresiños” de Teixido, pequenas figuras cargadas de desexos e significados que inspiran a imaxe desta XIII edición do festival.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica