Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Ferrol navega por un mar de contos

Ferrol volve ser durante uns días epicentro da narración oral coa celebración do Festival Atlántica. O artista portugués Luis Correia abriu onte, con dúas funcións, o cartel de once espectáculos –para pequenos e adultos– previstos ata o sábado na cidade naval.

Todos serán gratuítos aínda que nalgúns casos cómpre inscribirse previamente vía web ou a través da retirada de convites –toda a información ao respecto pódese atopar na web do festival ou da Biblioteca Municipal de Ferrol–.

Unha das novidades deste ano é o roteiro narrado polo Ferrol do Ilustrado na compaña do escritor local Guillermo Llorca, previsto para o venres, ás 19.00 horas, con saída desde a Biblioteca.

Estrea absoluta de “Ida e volta” en Caldoval

O municipio de Mugardos repite este ano como sede do Festival Atlántica con dúas propostas que terán lugar no Centro de Interpretación de Caldoval. A primeira delas será o xoves, ás 21.30 horas, co espectáculo “Urdimbres”, do cubano Pedro Mario López.

Ao día seguinte, o venres, o singular enclave mugardés acollerá a estrea absoluta do espectáculo “Ida e volta”, de “En branca e negra”, integrado pola galega Cris de Caldas e a cubana Amor Herrera. Ambas as dúas actividades serán ás 21.30 horas e, como todas as do programa, tamén gratuítas.

AXENDA DO FESTIVAL ATLÁNTICA EN FERROL

Hoxe:

Pedro Mario López. Ás 18.00 horas, biblioteca municipal: “Do monte veño e ao monte vou” (+5 anos); Ás 20.30 horas, Torrente Ballester: “Sen destinatario” (adultos).

Mañá:

María da Pontragha. Ás 18.00 horas, Biblioteca: “Un saco de contos” (+3 anos); 20.30 horas, Torrente: “Donas do lugar” (adultos).

Venres:

Cris Collazo. 17.30 horas, Biblioteca: “Son no berce” (bebés); 19.00 horas, Centro Cívico de Canido: “A Cova” (+3 anos).

Guillermo Llorca. 19.00 horas. Roteiro polo Ferrol Ilustrado. Saída desde a Biblioteca Municipal de Ferrol. Inscricións previas.

Sábado:

Charo Pita. 12.00 horas, Centro Cívico de Canido: “Mares de contos” (+3 anos).

Cándido Pazó. 21.00 horas, Cruceiro de Canido: “Unha chea de contos” (adultos).