Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Ferrol é a parada inicial da xira músico-audiovisual que lembra a The Velvet Underground

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Baixo o nome de Veludas Soterrad­as, o repertorio da emblemática agrupación de rock & roll estadounidense The Velvet Underground volverá a soar este mesmo venres no centro cívico de Canido. Neste encontro, o concerto da banda galega que lles rende tributo non será o único atractivo, xa que a homenaxe amplíase coa proxección dun documental que relata a historia dos neoiorquinos.

En Ferrol comeza a pequena ruta desta banda, que seguidamente dará a coñecer o seu proxecto na Coruña e en Lugo. A particularidade da proposta reside na proxección do documental de Todd Haynes “The Velvet Underground”, ás 19.00 horas, antes do inicio do concerto, ás 21.00.

A pesar da súa curta traxectoria, que abrangueu do 1964 ao 1973, a formación que rescata Veludas Soterradas, integrada por fans da Velvet, conseguiu converterse nunha icona do xénero no ámbito máis alternativo. De feito, a portada do seu primeiro disco, “The Velvet Underground & Nico” (1967), levou ao grupo a facer historia trascendendo o plano musical. Co sobrenome do “banana album”, o deseño de Andy Warhol, máximo representante do movemento artístico pop art, proporcionou á banda unha identidade visual recoñecida no mundo enteiro.

Unha curiosidade con respecto a este traballo é que as primeiras copias convidaban a “Peel slowly and see”, é dicir, pelalo lentamente e mirar, amosando baixo a casca a cor dunha pel humana, que a partir de 1996 pasou ao interior do disco. Nesta reedición tamén se recuperou a contraportada orixinal, que exhibía unha fotografía do actor Eric Emerson boca abaixo, quen protestara polo uso non autorizado da súa imaxe.

Este encontro na cidade está organizado pola Asociación Veciñal de Canido, coa colaboración do Concello de Ferrol.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620