Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Ferrol en Común realiza un chamamento polos 25 anos do Día Internacional da Lingua Materna

Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, tal como lembrou Ferrol en Común cun comunicado no que realiza un chamamento a coidar e preservar o idioma, xa que "á vista dos últimos estudos (Instituto Galego de Estatística) sobre o uso do galego, obsérvase unha perda considerable do mesmo en todos os eidos”.

O partido sinala que se trata duns rexistros que semellan “non ter en conta na Xunta de Galicia nin en moitos Concellos, incluído o de Ferrol”, onde “non se esixe ás empresas dependentes do Concello que usen o galego”.