Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Fernando Martínez, comuneiro do Chá: “O que crea comunidade non é só o traballo, senón tamén celebrar os logros”

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Fóra dos cabalos de Pura Raza Galega, a asociación Comuneiros do Chá ten entre mans múltiples  proxectos, moitos deles en colaboración con outras entidades da contorna coa que comparten obxectivos. O secretario da asociación, Fernando Martínez, salienta que o maior reto até o momento é conseguir consolidar unha comunidade veciñal que se implique no seu propio territorio, para o que considera mester unir o traballo voluntario á festa.

Neste momento, a través dunha subvención da Xunta, a empresa Foresga está realizando unha reforestación con piñeiros, aínda que o habitual é que sexa a asociación a encargada de xestionar a vexetación. É o caso da loita contra unha das especies invasoras da comarca, Helichrysum petiolare, “que a nós nos afecta bastante”, polo que adoitan convocar xornadas centradas na súa erradicación “porque é un problema grave”.

Para estas tarefas “tivemos sempre a colaboración da asociación Betula, de custodia do territorio, con quen temos un convenio”, destaca Martínez, quen tamén concreta que moitas veces as convocatorias foron realizadas dende as Brigadas Deseucaliptizadoras. Así mesmo, dende o primeiro momento en que comezaron a intervir no monte os comuneiros, realizan plantacións didácticas co CEIP A Laxe de Valón, como a que repetiron no pasado mes de marzo.

A asociación opera coa idea de que, para a xestión dun monte, “amais da propia veciñanza de Brión e Doniños, é moi importante o apoio mutuo coas distintas entidades cidadás que poida haber en Ferrol e comarca”. Isto exemplifícase con outras colaboracións como a que mantiveron co Club de Montaña e demostran que continúan abertos a outras propostas co recente acordo asinado coa Sociedad de Caza y Pesca Urogallo, á que cede unha parte do terreo para que poidan usala como campo de adestramento de cans.

“Máis alá das subvencións, das hectáreas que se planten ou do número de cabezas de cabalos, o importante é conseguir unha comunidade veciñal unida por un proxecto común, e iso é o máis difícil moitas veces”, sinala Fernando Martínez. Para favorecer a participación, “estamos en contacto coa Fundación EntreTantos, que traballa a nivel de todo o Estado pero ten unha persoa aquí en Mugardos”.

Do mesmo xeito, “pensamos que o que crea comunidade non é soamente o traballo, senón tamén xuntarnos para celebrar os logros”, polo que tamén cooperaron cos organizadores da romería da Batalla de Brión e coa comisión de festas, que o ano pasado realizou a primeira ruta cabalar, un encontro festivo que volveron convocar precisamente onte.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos