Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Far Away Place: “Todas as grandes bandas que houbo foron antes locais”

Far Away Place, con 15 anos de historia ás súas costas, é un dos primeiros grupos da cidade naval que comezou nos locais de ensaio. Actualmente, os seus membros son Santi (batería), Andrés (voz e guitarra), Jorge (baixista), e Gabriel (guitarra solista), que levan dende os seus tempos de instituto tocando, tanto dentro de Galicia como a nivel nacional, e incluso obtendo galardóns como o primeiro premio da VIII certame EISV Music Live da Escola de Imaxe e Son de Vigo, en 2014. No ano 2019 sacaron o disco “Welcome to Far Away Place”, e hoxe subiranse ao escenario de Armas para despedir as festas de verán da súa cidade. Santi explica o sentimento pola música local, sobre todo en Ferrol.

Que significa para vostedes pechar as festas na praza de Armas? 

Para nós é unha honra, é a cidade onde empezou a banda. Se xa é un privilexio participar nas festas de Ferrol, aínda o é máis poder pechalas.

Que proxectos teñen de cara ao futuro? 

Tocaremos no festival Flores Rock na Coruña e de aí en adiante temos pensado meternos no estudo para gravar algo e poder sacar música en breve.

Que importancia consideran que teñen os grupos locais na vida cultural de Ferrol? 

Son importantes porque todas as grandes bandas da historia, independentemente do xénero que fagan, foron grupos locais nalgún momento. Se non se apoia ás bandas locais, a música tenderá a ir desaparecendo. En Ferrol sempre houbo moito talento e moita xente que sabe facer ben as cousas, creo que hai que darlles oportunidades para que poidan desenvolverse na música. Tamén é importante que existan uns locais de ensaio que permanezan abertos para que toda aquela xente que non poida ter recursos para buscarse a vida por si mesma teña ese apoio.