Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“Domingo de Insurrección” en forma de sesión vermú no centro social Artábria

Os xéneros rock e punk, con letras en galego, serán de novo os protagonistas do encontro que propón a asociación cultural Artábria esta semana.

Trátase dunha cita que se propón ao final desta Semana Santa baixo a denominación de “Domingo de Insurrección”, e que se desenvolverá en horario de sesión vermú, este domingo a partir da 13.00 horas. No concerto volverán compartir escenario Manu Kasoaparte e Fran Zélop, que actuarán con billeteira inversa, aínda que dende a organización recomendan unha achega mínima de cinco euros.