Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A defensa da sanidade pública é o tema central da proxección de “DEP. Destruir é o plan”

A asociación cultural Artábria acollerá este mesmo venres, a partir das 19.30 horas no seu centro social, a proxección do documental estreado o ano pasado “DEP. Destruir é o plan”, que  posiciona o relato na destrución planificada da sanidade pública galega.

Dende a entidade propoñen participar nun faladoiro posterior con Pablo Pérez Hermida, médico de familia do centro de saúde das Pontes, e outros representantes da plataforma SOS Sanidade Pública en Ferrolterra.