Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Correlingua celebra a carreira deste ano en Caranza

Polo paseo marítimo de Caranza transitarán o martes 27 os participantes da carreira pola lingua, que organiza anualmente a asociación cultural Correlingua. Precisamente, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar para esta entidade a subvención nominativa do exercicio deste ano, por un importe de 2.100 euros.

As actividades que propón a asociación cos centros de ensino organízanse co obxectivo de promover o uso da lingua galega. Tamén con este fin, o percorrido complementarase cun espectáculo no Auditorio de Ferrol. Ademais do presente convenio de colaboración, a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística tamén contará con outro por un importe de 7.500 euros.