Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Concello aproba a segunda prórroga do SAF por 2,5 millóns

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a segunda prórroga do contrato administrativo correspondente ao servizo de axuda a no fogar (SAF) na modalidade de dependencia e libre concorrencia do Concello de Ferrol coa contratista Samaín Servizos á Comunidade.

Esta segunda prórroga establécese por un período dun ano, comprendido dende o 1 de xullo deste ano ata o 30 xuño de 2025 ou ata a formalización dun novo contrato de producirse con anterioridade, que terá que ser nas mesmas condicións establecidas no contrato con data de 30 de xuño de 2021, cuia cesión foi autorizada por acordo plenario de data 29 de setembro do 2022, “con estrita suxeción ao estipulado nos pregos que rexen esta contratación e ás condicións ofertadas pola empresa adxudicataria”, cono precian desde o goberno municipal.

O gasto correspondente á segunda prórroga do contrato é por un importe máximo de 2,5 millóns de euros (IVE incluído).

O alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, avanzou sobre este acordo que “nas próximas semanas será aprobado o novo prego no que se contempla o SAF de dependencia como de libre concorrencia para que se poida iniciar a nova contratación”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620