Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O centro cívico de Canido acolle tres xornadas que comezan cunha conversa con Antón Cortizas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A programación de Nadal no barrio de Canido inclúe diversas citas para estas festas, aínda que algunhas disten das temáticas máis habituais. Este é o caso dos eventos das próximas datas no centro cívico, partindo da presentación do último libro de Antón Cortizas, este xoves ás 19.00 horas.

Trátase da obra “Palabras como moscas”, que se dará a coñecer cun diálogo coa escritora  e tradutora Ana Varela, nun acto organizado por Edicións Embora, Muíño do Vento, a asociación veciñal e o Concello. Ao día seguinte, o venres, tamén ás 19.00, desenvolverase unha nova conferencia do ciclo “O barrio é noso”, que estará a cargo do arquitecto Antonio García. Para rematar os tres encontros previos á visita de Papá Noel na SRYD, o domingo ás 11.30, Melissa Cimas ofrecerá un obradoiro multisensorial.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620