Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Ateneo Ferrolán acolle a charla do xeólogo Óscar Pazos “50 anos dos límites do crecemento”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Rede para o Decrecemento convoca un acto no Ateneo Ferrolán hoxe venres, ás 19.30 horas, co título “50 anos dos límites do crecemento”, referenciando o informe “The Limits of the Growth” que redactara o Club de Roma no 1972. Nesta ocasión, a charla será impartida polo xeólogo vigués Óscar Pazos e presentada por Ana B. Santiago.

O protagonista da conferencia-coloquio traballou en xeoloxía mariña, medio ambiente e xeotecnia, amais de asinar libros como “A intervención da Gallaecia e a minaría do ouro”, “29 xeolugares  arredor da ría de Vigo” ou “O Colapso. 50 anos dos Límites do Crecemento”. Sobre esta última obra xirará o encontro, que organiza a Rede de Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo para poñer o foco na multiplicación por catro da producción económica mundial dende 1972.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620