Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

As xornadas “The Future of Fashion Talent” reúnen a máis de douscentos participantes

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A segunda edición de “The Future of Fashion Talent” tivo lugar na mañá de este xoves no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial. O alumnado participante forma parte dos graos en Xestión Industrial da Moda, que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación,  de Enxeñería de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, que se da na Escola Universitaria de Deseño Industrial –EUDI–ademais de distintos profesionais do sector.

O evento está organizado polo xornal líder en información económica do negocio da moda, Modaes, en colaboración co Campus Industrial da UDC. Ademais, conta co apoio da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia –Cointega– e do Concello de Ferrol. A xornada comezou cunha conferencia sobre moda, territorio e emprego de calidade, seguida dunha mesa redonda na que se afondou na maneira de seducir ás novas xeracións.

Despois dun breve descanso, tivo lugar o relatorio de “employer branding”, que rematou con outra mesa redonda sobre tecnoloxía e punto de venda.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620