Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

As brigadas municipais do Plan de Barrios traballaron na Graña e estarán desde o luns en Brión

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e o concelleiro de Servizos e Zona Rural, José Tomé, reunironse onte con representantes da asociación veciñal da Graña para dar conta das actuacións que se levaron a cabo no barrio na entre o 26 de febreiro e o 3 de marzo, dentro do Plan de Barrios.

As brigadas municipais que se desprazan polos distintos enclaves do concello actuando de forma conxunta en varias frontes executaron traballos de sega de máis de 3.000 metros cadrados de zona verde nos parques da Graña e na praza Mariscal Pardo de Cela. Ademais, no primeiro destes espazos podáronse árbores cuxas ramas afectaban á fachada do local veciñal e da pista polideportiva e que tamén caían sobre a estrada e un punto de luz.

O servizo de conservación e mantemento de áreas infantís de xogos, biosaudables e de exercicio ao aire libre limpou os pavimentos con hidrolimpadora e reparou o caucho.

Urbaser, pola súa banda, realizou traballos de desbroce e de chapeo nas rúas Alta, Baja, Blanco Amor, Camino Viejo e Escorial e limpou colectores do lixo, papeleiras e sumidoiros.

Estes equipos de traballo teñen previsto desprazarse a Brión desde este luns. “Comezamos a mediados de outubro na AVV de Ultramar e percorremos xa 18 barrios, escoitando aos veciños cada venres para coñecer as necesidades de actuacións e melloras nos seus barrios”, comentou o rexedor ao respecto do Plan posto en marcha.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620